Mesoglea

Anatomía dunha medusa (hidrozoo): 1 Ectoderma; 2 Mesoglea; 3 Endoderma; 4 Cavidade gastrovascular; 5 Canal radial; 6 Canal circular; 7 Tentáculo; 8 Velum; 9 Anel nervioso externo; 10 Anel nervioso interno; 11 Gónadas; 12 Manubrio; 13 Boca; 14 Zona aboral; 15 Zona oral.

En zooloxía coñécese como mesoglea á porción non celular do mesénquima das medusas, máis ou menos grosa, constituída por unha matriz coloidal xelatinosa que funciona como un hidroesqueleto estático. Nas esponxas unha estrutura similar denomínase mesohilo.[1]

  1. mesoglea, en Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search